A Guarda achega dous obradoiros de transformación tecnolóxica para mulleres emprendedoras
xoves, 20 de xaneiro do 2022
O
Concello da Guarda abre o prazo de inscricións para dous obradoiros
tecnolóxicos dirixidos a romper fendas dixitais de xénero.
Celebraranse os dÃas 20 e 27 de xaneiro en colaboración coa
Fundación Cibervoluntarios. O obxectivo é achegar formación TIC a
mulleres emprendedoras. Realizaranse de xeito online a través
da plataforma Zoom, polo que tan só é preciso dispor un dispositivo
tipo PC, un smartphone ou unha tableta.
Ofértanse
dous obradoiros: un de nivel básico sobre Transformación dixital
e outro de nivel intermedio sobre Como crear anuncios en Facebook
e Instagram.
No
obradoiro sobre Transformación Dixital traballarase sobre as
vantaxes de dixitalizar un negocio; a creación de perfÃs en
Facebook e Instagram; a importancia da presenza en redes sociais; as
diferencias existentes entre grupos, páxinas e perfÃs privados en
Facebook; como crear contidos atractivos e de valor en redes sociais;
formatos, encadres e consellos; creación de stories e lives;
ferramentas gratuÃtas existentes e casos de éxito. Será o xoves
dÃa 20 de xaneiro en horario de 19:00h a 20:30h.
No
obradoiro sobre Como crear anuncios en Facebook e Instagram
falarase da creación de anuncios en Facebook e Instagram; a
planificación de publicacións; como facer contidos de meirande
impacto; consellos para Facebook e Instagram; vantaxes dos anuncios e
definición dos obxectivos; lugares, formatos e orzamentos;
administración e segmentación de anuncios e rendementos; tipos de
audiencias e tipos de segmentacións; ferramentas e casos de éxito,
entre outros. Será o xoves dÃa 27 de xaneiro en horario de 19:00h a
20:30h.
As
inscricións están xa abertas remitindo un correo electrónico a
muller@aguarda.es ou chamando ao CIM ao tel. 986 614 648 indicando o
nome, apelidos, teléfono e correo electrónico.