A God of War Collection incluirá a demo de God of War III
mércores, 23 de setembro do 2009
Os seguidores das
aventuras de Kratos recibirán con agrado a chegada de God
of War Collection, unha reedición dos xogos God of War e God of War II
adaptados para funcionar na PlayStation 3 con pequenas melloras gráficas (pois
os xogos funcionarán a 1.280 x 720 pÃxeles) e con trofeos, pero moitos tamén
agradecerán o feito de que vaia incluÃr unha
versión de demostración do agardado God
of War III, tÃtulo que chegará ás tendas en marzo de 2010.
AÃnda que a España a God of War
Collection non vaia chegar ata primeiros de 2010, confirmouse que o
lanzamento noutros mercados coma o norteamericano será antes do Nadal, polo que
os impacientes poderán optar á importación, xa que este xogo carece de limitación
rexional.