A GoPro HERO10 Black dá un salto de calidade grazas a un potente procesador
venres, 17 de setembro do 2021
A liña
de cámaras deportivas de referencia renóvase coa chegada da GoPro
HERO10 Black, que nesta ocasión mellora substancialmente grazas á incorporación
dun procesador GP2 de alto rendemento, grazas ao que consegue unha calidade de
imaxe sen precedentes e unha velocidade de fotogramas de vertixe, sendo capaz
de capturar vÃdeo en 5,3K a 60 imaxes por segundo, en 4K a 120 imaxes por
segundo e mesmo a 2,7K a 240 imaxes por segundo. O novo procesador tamén
potencia a estabilización de vÃdeo HyperSmooth 4.0, conseguindo un vÃdeo
estabilizado extraordinariamente fluÃdo.
A HERO10 Black ten unha resolución fotográfica de 23,6 MpÃxeles, cun rendemento
mellorado con pouca luz e unha interface de usuario máis rápida. Tamén pode
extraer fotogramas de 19,6 MpÃxeles a partir de vÃdeos 5K 4:3 e de 15,8
MpÃxeles de vÃdeos en 5,3K a 60 imaxes por segundo, o que resulta ideal para
crear instantáneas de eventos deportivos e actividades a grande velocidade.
A cámara tamén é somerxible a 10 metros de profundidade; conta con
conectividade sen fÃos para facilitar as copias de seguridade dos contidos
captados (aÃnda que para explotar convenientemente esta prestación é necesario
subscribirse a un servizo de almacenamento na nube de pagamento); e ten
dispoñibles diferentes módulos que permiten engadirlle un foco, un micrófono
direccional, unha pantalla adicional ou incluso un porto HDMI.
O seu prezo de lanzamento é de 529,99 euros, aÃnda que de subscribirse a GoPro
poden beneficiarse dun desconto que reduce o prezo da cámara até os 429,98
euros. A HERO10 Black tamén está dispoñible nun lote cun clip xiratorio
magnético, unha baterÃa de reposto, un mini-trÃpode, unha tarxeta SD de 32 GB e
un estoxo de cámara por un prezo de 579,99 euros que baixarÃa aos 479,98 euros
coa subscrición de 1 ano a GoPro.
VÃdeo promocional da cámara GoPro HERO10 Black