A Fundación CEL reforza a súa fronte de socios tecnolóxicos
venres, 30 de decembro do 2016
A
Fundación CEL-Iniciativas por Lugo, é unha entidade sen ánimo de
lucro creada en 1997 ao abeiro da Confederación de Empresarios de
Lugo, a súa finalidade é promover aos emprendedor na provincia.
Emporiso, dende
a Fundación anunciaban onte a incorporación de dúas novas empresas
á súa rede de partners,
estamos a falar de: Aguirre XXI
(especialistas en seguros de empresa e responsabilidade civil) e
Redetel (asesores en
telecomunicacións para empresas e distribuidores de R para Lugo).
Deste
xeito, estes dous novos socios achegarán servizos de consultoría e
asesoría especializados: trátase dunha rede de provedores e
colaboradores externos de confianza, seleccionados polos seus
demostrados coñecementos entre profesionais da zona, entre os que se
atopan Prodat (protección de datos); Figueroa e Bermejo (servizos de
asesoría, contábeis, xurídicos, laborais), Interqué (consultoría,
mercadotecnia dixital, desenvolvemento web e formación nestas
materias); AJE e CEL (traballo en rede e asociacionismo empresarial);
Abanca (servizos financeiros); etc.
Engadir
que esta rede continuará a espallarse paseniño coa incorporación
de profesionais que poidan apoiar aos emprendedores en áreas como
recursos humanos, prevención de riscos laborais ou sector
inmobiliario (de cara á procura de locais á saída do viveiro).