A Deputación da Coruña conmemora o 8-M coas nosas ciberactivistas

venres, 5 de marzo do 2021 Redacción

As ciberactivistas da nosa terra celebrar o 8-M (Día Internacional da Muller) participando en diversas actividades impulsadas pola Deputación de A Coruña. Entre elas destaca a campaña Moito que Cambiar.
A deputada Provincial de Igualdade, María Muiño, reuniuse cos diferentes representantes dos concellos para comentar que “é preciso traballar coa mocidade para a eliminación da discriminación”. Muíñ-o sinalou a importancia que ten difundir a campaña polos centos de ensino galego e destacou a elaboración de materiais propios para crianzas, mozas e mozos que se distribuirán no sistema educativo a través das redes sociais e da participación de ciberactivistas.
Ademais, explicou que “a Deputación da Coruña distribuirá unha unidade didáctica e apoiará o traballo nas aulas co fin de abordar novos modelos de comunicación”.
A actividade será levada cabo por Vanesa Castro de Fur Alle Falle, Laura Tabarés, Ana Moreiras, Sonia Méndez e Lourdes Pérez e contribuirá a dar pasos adiante na materia de igualdade no ensino.
Segundo fixo saber Muíño, as activistas das redes son neste momento as persoas “que informan e crean estado de opinión” e, neste sentido, “quixemos recorrer a elas para que trasladen a necesidade de construír unha sociedade igualitaria e eliminar o machismo e a discriminación”.
Amais dos vídeos destas mulleres referenciais na vertente máis reivindicativa da Rede, a área de Igualdade da Deputación da Coruña distribuirá unha unidade didáctica que apoiará o traballo nas aulas co obxectivo de abordar novos modelos de comunicación en igualdade.
"Será un material acaído para que o profesorado traballe nas aulas cun modelo non discriminatorio para o que sería interesante participar tamén nas redes con esta mensaxe", explicou, dunha campaña que se moverá no ámbito dixital co cancelo #oitoM #Moitopor cambiar e #Moitoporfacer para a actividade coa mocidade.

PUBLICIDADE