A Coruña e Santiago de Compostela celebrarán o Freelancers Day 2019 o 4 de xullo

venres, 28 de xuño do 2019 Marcus Fernández

O 4 de xullo celébrase o día dos autónomos, os profesionais independentes, os traballadores en remoto, os nómades dixitais, os freelancers... cunha iniciativa chamada Freelancers Day que busca xuntar a profesionais independentes e facer unha posta en común, compartindo experiencias e coñecementos e facilitando a xeración de oportunidades de colaboración.
Esta celebración está a visibilizarse principalmente a través de espazos de coworking de toda a xeografía española e, curiosamente, entre os lugares onde vai celebrares temos dúas cidades galegas: A Coruña e Santiago de Compostela. No caso coruñés WekCo organiza o Freelancers Day no Pazo de Arenaza, mentres que en Compostela é Doutroxeito o espazo anfitrión. Ambos eventos teñen un completo programa de relatorios, que no caso da Coruña están impartidos pola xestora administrativa Ana Belén Muñiz, o deseñador web Edu Rubianes, Angélica Vidal, Patricia París, o xornalista Manolo Rodríguez, a copywriter Haizea de Pedro, o emprendedor Juan Diego Pereiro e o consultor Miguel Picado. En Compostela, pola súa banda teremos entre os relatores a Javier García Elespe, Andrés Ponte Iglesias, Ana Berta Domínguez Merelles, Tamara Rodríguez Silva, Berta Merelles, Fernando Piñeiro, Camilo Ameijeiras e Roberto Gómez Díaz.
Os temas que abordaranse nestes encontros van dende os beneficios da dixitalización na empresa até as obrigas fiscais dun freelance, pasando por temas tan importantes actualmente como a marca persoal ou o storytelling, de xeito que resulta doado que calquera traballador independente atope algunha actividade que satisfaga as súas necesidades de información.

PUBLICIDADE