A Coruña celebrará o congreso Mundos Digitales entre os días 6 e 8 de xullo

xoves, 23 de febreiro do 2023 Redacción

Mundos Digitales, o Congreso Internacional de Animación, Efectos Visuais e Novos Media nacido hai máis de dúas décadas na Coruña regresa á cidade herculina cunha nova edición que terá a súa sede en Palexco, e que se celebrará entre o 6 e o 8 de xullo.
Como en edicións anteriores, Mundos Digitales busca dar cabida numerosos ámbitos da creación dixital de animación, efectos visuais ou videoxogos, con numerosas presentacións en exclusiva, pero este incorporará, ademais, de forma destacada, dúas novas liñas moi relevantes para o sector, como son a intelixencia artificial e as producións virtuais (destas últimas, A Coruña contará este ano cun dos estudios virtuais máis grandes do país).
A cita contará ademais coa súa tradicional Feira de Emprego, outro dos pratos fortes de Mundos Digitales, unha actividade que se afianzou como unha das máis relevantes do congreso, e que o ano pasado converteuse na feira de emprego máis grande de Europa por número de empresas participantes.

Premios Especial e Imaxe da edición

Como cada ano Mundos Digitales concederá a distinción dun Premio Especial a un dos profesionais do sector da animación, dos efectos visuais ou dos novos media en recoñecemento á súa traxectoria profesional e achegas ao mundo da creación dixital. Este ano, o premio especial recae en Juan Cañada, director of Graphics Engineering, da compañía Epic Games, líder mundial en software en tempo real, e creadores de grandes referentes como Fortnite ou Unreal Engine.
Ademais, e como xa vén sendo tradición, cada ano Mundos Digitales vincúlase cunha destacada produción que acompañará ao evento como imaxe do mesmo. Nesta ocasión, será o conto lendario oriental, Dragonkeeper, unha importante coprodución de Guardián de Dragones AIE e China Film Animation, unha das producións máis esperadas deste ano e que verá a luz uns meses despois da celebración do congreso.

PUBLICIDADE