A Comisión Europea dá luz verde á compra de Activision Blizzard por parte de Microsoft
luns, 15 de maio do 2023
A
oposición da Autoridade dos Mercados e da Competencia (CMA) do Reino Unido á
compra de Activision Blizzard por parte de Microsoft pillou por sorpresa a
todo o mundo, especialmente porque despois de meses nos que os principais
argumentos contra Microsoft eran o uso da franquÃa de Call of Duty como
elemento para danar á competencia, a autoridade británica argumento que o
grande problema para a adquisición era a forza de Microsoft no xogo na nube,
omitindo detalles como que falamos dun mercado residual do que deron datos moi
imprecisos (especialmente porque non hai xeito de determinar o volume de
negocio do xogo na nube de Microsoft, xa que está englobado nun servizo de
subscrición que inclúe xogos instalables).
A decisión da CMA está a ser apelada por Microsoft, pero dende a Comisión
Europea parecen ser bastante máis razoables, e decidiu autorizar
a compra con condicións, que é o escenario que se espera para o resto de
territorios nos que están a solicitar a autorización dos reguladores locais.
A Comisión entende que tras a compra de Activision Blizzard serÃa posible que
Microsoft prexudicase á competencia negándose a levar os seus tÃtulos a
consolas PlayStation, pero consideran que iso serÃa nefasto para Microsoft (xa
que actualmente véndense 4 PlayStation por cada Xbox, polo que restrinxir prexudicarÃa
principalmente á propia Microsoft); tamén pensan que incluso aÃnda que Call
of Duty non chegase a publicarse para consolas de Sony a compañÃa nipoa non
terÃa maior problema (especialmente no territorio europeo, onde a franquÃa non
ten tanto peso como no resto do mundo); ven como unha ameaza que no futuro os
xogos de Activision puidesen ser exclusivos dos servizos na nube de Microsoft e
incluso cren que Microsoft poderÃa chegar a facer que o seu servizo de
streaming de xogos funcionase mellor baixo Windows (fortalecendo a súa posición
no mercado de sistemas operativos).
Ante esta situación a Comisión Europea considera atinada a oferta de Microsoft
de comprometerse durante 10 anos a ofrecer licencias de balde aos consumidores europeos
para gozar dos seus xogos en streaming se teñen a licenza correspondente e
tamén ofrecen ás compañÃas de streaming de xogos a posibilidade de ofrecer os
tÃtulos de Activision Blizzard para PC e consola. A Comisión cre que estamos
ante unha proposta que mellorarÃa significativamente a situación actual, pero
pode entenderse que se Microsoft traslada a súa proposta ao resto de mercados
poderÃa recibir unha resposta semellante dos reguladores.
Cómpre tamén lembrar que o actual dominio de Microsoft no xogo na nube está provocado polo desinterese de Sony nesa tecnoloxÃa (pese a ser unha das compañÃas máis veteranas no streaming de xogos) e o abandono total de Google deste mercado (tras comprobar que Stadia era un mal negocio). Castigar a unha empresa por ser unha das poucas que segue a realizar investimentos nun mercado non parece moi razoable, e suporÃa un freo para os desenvolvementos futuros.