A Cidade da Cultura terá un espazo de demostración e experimentación en tecnoloxÃas disruptivas
mércores, 9 de outubro do 2019
O Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura acollerá
no segundo semestre do 2020 o Centro GaiásTech, un espazo de demostración e
experimentación en tecnoloxÃas disruptivas, que ofrecerá ao ecosistema dixital
galego unha ampla carteira de servizos para facilitar o seu posicionamento nas
tendencias tecnolóxicas da vindeira década.
O GaiásTech exercerá, ademais, o papel de coordinador da
Rede de Nodos de especialización tecnolóxica de Galicia, a través dos que se
desenvolverán modelos de colaboración público-privados para impulsar as
tecnoloxÃas dixitais de máis impacto: 5G, Intelixencia Artificial, Big Data ou
Ciberseguridade.
O centro, cuxa licitación se publica hoxe, é froito dun
convenio entre a AMTEGA e a ConsellerÃa de Cultura e Turismo, que suman un
investimento de preto de 2 millóns de euros para a remodelación de ao redor de
1.500 metros cadrados do Centro de Emprendemento, a dotación de equipamento e a
súa xestión.
Desde o GaiásTech elaborarase e divulgarase o mapa de
capacidades dixitais de Galicia e desenvolverase un servizo de vixilancia
tecnolóxica, que permitirá identificar as tendencias dixitais nos mercados, asÃ
como as posibles oportunidades de posicionamento para o sector TIC.
Tamén ofrecerá soporte e asesoramento especializado aos
diferentes sectores para que integren as novas tecnoloxÃas dixitais. Para
facilitar o aliñamento da demanda e a oferta TIC o GaiásTech porá a disposición
do sector espazos para a demostración e a experimentación de solucións
tecnolóxicas.
Será, ademais, un escaparate do talento dixital galego,
servindo como canle de divulgación de proxectos innovadores e de boas prácticas
de dixitalización. Acollerá talleres, formación e foros de debate e reflexión
multidisciplinares sobre o impacto da revolución dixital na sociedade e a
economÃa.
O GaiásTech configúrase, tamén, como un centro de
experimentación e creatividade dixital para facilitar o achegamento do
coñecemento tecnolóxico a idades temperas, en liña coas actuacións do Plan
DigiTalent da Xunta para promover as vocacións tecnolóxicas entre os máis
novos.
Equipamento avanzado
O futuro centro GaiasTech contará co seu xemelgo dixital na Rede,
unha plataforma tecnolóxica que integrará a axenda tecnolóxica de Galicia;
facilitará o traballo colaborativo dos axentes dixitais dende calquera lugar;
permitirá o acceso aos recursos dixitais en rede; asà como a retransmisión e
participación en streaming en calquera actividade ou foro.
Os espazos de demostración e experimentación dixital
disporán de equipamento avanzado, que permitirá a aplicación de técnicas de
realidade aumentada e virtual para conseguir experiencias inmersivas.
Por outra banda, a segunda fase do Centro de Proceso de
Datos Integral dotará de capacidade de almacenamento e procesamento ao
GaiásTech para dar resposta ás necesidades de instalación de plataformas e
solucións tecnolóxicas avanzadas.