A Cámara da Coruña xestionou 780.000 euros en programas de apoio TIC
martes, 20 de maio do 2025
A Cámara da Coruña presentou este 20 de maio o balance de 2024, que pechou con resultado positivo e superávit orzamentario. No balance faise saber tamén que ao longo do pasado exercicio, foron máis de 5.000 as beneficiarias dos programas que xestiona, entre empresas, emprendedores/as e persoas particulares, trasladándolles un total de 5,2M€.
A entidade aumentou o orzamento das súas principais áreas de actuación. AsÃ, máis de 1M€ destináronse aos programas de impulso á internacionalización de exportadores. Para os destinados ao apoio á creación de emprego, a entidade xestionou 2,9M€; para os programas de apoio a empresas para innovación e novas TecnoloxÃas da Información e a Comunicación (TIC), manexou un orzamento próximo aos 778.000€; e para o impulso ao emprendemento conseguiu financiamento por importe de máis de 2M€.
A entidade puxo en marcha novos servizos como o programa de Mentoring Internacional, os Encontros 45 , o programa Eduindustria, o programa Impulsa Startup, reforzou o referente a análise de proxectos estratéxicos, executou plenamente o plan de Formación para Comercios e puxo en marcha un sistema interno de cumprimento normativo.
Ademais, a entidade contou cun orzamento de máis de 1M€ para participar nos programas FOEXGA e Sinerxia, desenvolvidos co IGAPE, no marco dos cuAles organizou 29 accións de promoción internacional en modo presencial nas que participaron 170 empresas. Asà mesmo, organizou en 2024 a undécima edición de ExporpEmes, na que participaron preto de 120 empresas de 20 paÃses e 2 continentes, ademais de 1 cámara internacional.
A través do programa Xpande Dixital, a Cámara tramitou 75.000€ en axudas para 14 empresas.
Pola súa banda, co programa de Mentoring Internacional, a entidade asesorou a 7 empresas e organizou dúas xornadas, ás que asistiron preto de 40 persoas.
Novas tecnoloxÃas da información
A Cámara destinou preto de 778.000 € a programas de fomento da innovación e TIC nos que participaron 310 empresas. 40 empresas participaron nos programas Peme Innova e Peme Dixital, que se desenvolven en dúas fases, unha primeira de diagnóstico de situación e informe de recomendacións e unha segunda de axudas directas ao investimento.
Co programa Peme Cibersegura, 12 empresas puideron optimizar o aproveitamento das tecnoloxÃas nos seus negocios.
Asà mesmo, 20 negocios participaron no programa de Apoio ao Comercio Comerciante polo miúdo, que contou cun orzamento de preto de 44.000€ para apoiar a 29 comercios no desenvolvemento e aplicación de solucións tecnolóxicas.
Cun orzamento superior aos 93.000€, a Oficina Acelera Peme da Cámara atendeu a máis de 220 empresas e organizou 22 xornadas informativas ás que asistiron unhas 540 persoas. A través deste servizo, a entidade atende, de forma gratuÃta e personalizada, a pequenas e medianas empresas, micropemes, persoas autónomas e emprendedoras da área interesados no programa Kit Dixital, en comezar ou en avanzar nos seus procesos de dixitalización, pero tamén axuda a pemes provedoras de tecnoloxÃa a introducir os seus produtos e solucións no mercado.
A través do programa Peme Sostible, co que a entidade ofrece apoio para o impulso da innovación en materia de sustentabilidade, apoiou a 7 empresas cun orzamento superior aos 110.000€.
Previsións 2025
Este ano a entidade poñerá en marcha, á volta do verán, o seu novo Centro de Formación, unha infraestrutura que busca potenciar o desenvolvemento profesional e empresarial da área e que vén consolidar á entidade como referente en materia de formación empresarial e para o emprego.
O Club Cámara Noroeste, que abriu as súas portas no mes de xaneiro, estará en plena actividade neste exercicio.
A Cámara previu tamén que se celebren novas feiras de emprego dirixidas a mozos e a maiores de 45 anos.
A entidade proponse, asà mesmo, continuar coa ampliación da súa base de socios e co desenvolvemento da actividade da Oficina de Promoción Tecnolóxico-Industrial para establecer sinerxÃas coa Cidade das TIC, coa Autoridade Portuaria da Coruña, co Concello de Carballo. Nos vindeiros meses está previsto que se subscriban convenios de colaboración con outras entidades, públicas e privadas da área.