A Cámara da Coruña programa unha vintena de cursos empresariais e de transformación TIC

luns, 18 de xaneiro do 2021 Redacción

A Cámara de Comercio da Coruña programou 20 actividades de formación empresarial a celebrar no primeiro semestre de 2021. Esta oferta formativa ofrécese nas modalidades presencial, en streaming e online. Por unha banda, na modalidade presencial, as actividades deseñadas pola Cámara contemplan xornadas prácticas de emprendemento, metodoloxía áxil Scrum, plans de igualdade ou de desenvolvemento de marca persoal, entre outras.
Polo que se refire á formación en streaming, achegarase unha actividade sobre Business Intelligence, liderado de equipos, xestión de persoas na era dixital, estratexias Inbound ou mercadotecnia dixital, nóminas ou finanzas.
A formación online inclúe cursos de iniciación ao Access, sobre telemarketing e sobre transformación dixital.
Para a Cámara, a formación empresarial é “un eixo prioritario que ofrece ás empresas da súa demarcación”.
Máis información na web da entidade, escribindo a formacion@camaracoruna.com ou ben chamando ao 981 21 60 72.

PUBLICIDADE