A Cámara da Coruña celebrou unha xornada sobre ciberseguridade
mércores, 31 de maio do 2023
Esta mañá, o
comisario provincial da PolicÃa Nacional da Coruña, Fernando Javier MartÃnez
Marty, mantivo unha reunión co presidente da Cámara da Coruña, Antonio
Couceiro, e con membros do comité executivo da entidade para abordar os
principais asuntos que afectan á seguridade das empresas.
O representante
policial expuxo as medidas e actuacións que se están levando a cabo e os
resultados que, grazas a estas actuacións, están a obterse. Neste sentido,
destacou que os datos mostran unha tendencia cara á baixa no que a
conflitividade refÃrese. Pola súa banda, o presidente e os membros do Comité
Executivo da Cámara expuxeron os principais aspectos que preocupan ás empresas
neste ámbito.
Xornada sobre ciberseguridade
Onte tivo lugar
na sede da entidade cameral unha xornada sobre ciberseguridade dirixida a
empresas, microempresas, autónomos e particulares interesados en coñecer os
cada vez máis frecuentes delitos informáticos, as ameazas á seguridade na
internet e as estafas máis recentes.
Foi impartida
polo delegado de Participación Cidadá da PolicÃa Nacional da Coruña e por un
consultor en ciberseguridade da empresa Norquality Consultores.