A Aula CeMIT de Porto do Son refórzase con tecnoloxías avanzadas de robótica e realidade virtual

mércores, 22 de marzo do 2023 S. P.

A Aula CeMIT de Porto do Son, punto de divulgación e capacitación dixital do Concello, reforzouse este mes de marzo coa entrega de material tecnolóxico avanzado de mans da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), co obxectivo de incorporalo á actividade formativa da Aula.
Trátase do seguinte material: unha impresora 3D (que se entrega xunto cun pequeno kit de consumíbeis con dúas bobinas), un kit de robótica (composto por 6 robots educativos e un equipo de 6 kits de construción), cinco unidades de drons, dúas unidades de lentes de Realidade Virtual con dous controladores e un kit de placas de comunicación e programación composto por catro placas tipo Arduino e dúas Raspberry PI 4 Model Quad-Core 64 bits.
Co obxectivo de preparar a formación relacionada con este material de tecnoloxías disruptivas (tecnoloxías que marcan un antes e un despois na transformación do noso xeito traballar, coñecer a realidade, comunicarnos, interactuar e informarnos) a CeMIT está a desenvolver o programa formativo Formar e innovar para axentes TIC. Así mesmo estase a preparar o ComDix, a nova certificación europea que ben a substituír ao CoDix, na que os axentes TIC da Rede CeMIT, da que forma parte a aula sonense, xa foron formados e examinados

PUBLICIDADE