A AEPD prepara unha Circular sobre o spam telefónico
xoves, 27 de abril do 2023
A Axencia Española de Protección de Datos iniciou
o trámite de audiencia para recoller a opinión dos interesados acerca do
proxecto de Circular sobre a aplicación do artigo 66.1.b) da Lei 11/2022 Xeral
de Telecomunicacións que regula, entre outros temas, o dereito dos usuarios
á protección de datos persoais e a privacidade en relación coas comunicacións
non solicitadas, incluÃndo o non recibir chamadas non desexadas. Deste xeito
muda o réxime xurÃdico aplicable que existÃa con anterioridade e contempla no
seu texto que este apartado entrará en vigor o 29 de xuño deste ano.
O artigo 66.1.b) da Lei 11/2022 recolle o dereito dos usuarios a non recibir
chamadas con fins de comunicación comercial, agás que exista consentimento
previo do propio usuario ou que estas poidan ampararse noutra base de
lexitimación das previstas no Regulamento Xeral de Protección de Datos. A
Circular pretende contribuÃr á seguridade xurÃdica, tanto para os que
realizan as comunicacións como dos usuarios.
Moitos usuarios recibirán aÃnda de maior agrado o artigo 66.1.a) da citada Lei,
que recolle o dereito «a non recibir chamadas automáticas sen intervención
humana ou mensaxes de fax, con fines de comunicación comercial sen ter prestado
o seu consentimento previo para elo».