A 5G chegará a Simyo en xaneiro
xoves, 16 de novembro do 2023
O mes pasado o operador
de baixo custo de Orange, Simyo, activou as
tecnoloxÃas VoLTE e VoWiFi, conseguindo asà chamadas de máis calidade, e
agora comeza
a comunicar aos seus clientes que a finais de xaneiro pasarán a gozar da
5G, o que suporá a longo prazo melloras na cobertura móbil, maior velocidade de
transferencia de datos (até 10 veces a velocidade da 4G) e incluso unha rede
con menos interrupcións.
Estamos ante unha mellora moi agardada polos clientes da meirande parte dos
operadores de baixo custo, que non quedan asà descolgados do avance tecnolóxico
na telefonÃa móbil, podendo asà tirar proveito dos smartphones que se venden
actualmente, que na súa meirande parte son compatibles coa 5G, polo que para
moitos consumidores resulta frustrante adquirir dispositivos dos que non poden
facer un uso óptimo.