7.889.000 euros en sancións por non respectar o mercado único dixital en Steam

mércores, 20 de xaneiro do 2021 Marcus Fernández

A Comisión Europa vén de impor a Valve, empresa propietaria da tenda en liña de xogos para PC Steam, e a 5 editores de videoxogos (Bandai Namco, Capcom, Focus Home, Koch Media e ZeniMax) unha multa de 7,8 millóns de euros por rachar as normas de libre competencia da Unión Europa.
Concretamente a sanción é de máis de 6 millóns de euros a repartir entre os 5 editores antes mencionados, que prestáronse á colaborar coa Comisión Europea, mentres que Valve, por negarse a cooperar, recibe unha sanción de máis de 1,6 millóns de euros. O motivo desta importante multa é porque este mercado dixital non estaba a respectar as normas do mercado único, ou sexa, que establecían restricións xeográficas aos xogos dentro do territorio europeo, para así poder vender a distintos prezos en cada país e impedir que os xogadores adquirisen os xogos no mercado non que lle resultase máis vantaxoso economicamente.
Aínda que as limitacións xeográficas nos produtos dixitais é algo moi habitual, normalmente limítase a poucos grandes territorios, de xeito que Europea normalmente considérase unha única rexión a nivel de activación de códigos de descarga ou para a compra de produtos, pero cando hai países da Unión Europea (como Romanía ou Polonia) nos que os produtos dixitais están máis baratos e aos cidadáns doutros países comunitarios non lles deixan aproveitar estes prezos reducidos, está a atentarse claramente ás normas do mercado único europeo.
O reparto das sancións foi bastante desigual, en función do tempo no que as empresas realizasen estas malas prácticas ou o nivel de colaboración coa investigación da Comisión Europea, de xeito que Bandai Namco terá que pagar 340.000 euros, Capcom 396.000 euros, Koch Media 977.000 euros, ZeniMax 1.664.000 euros e Focus Home 2.888.000 euros, mentres que Valve terá que afrontar tamén unha multa de 1.624.000 euros.

PUBLICIDADE