53 xogos de Mega Drive chegan a Xbox One e PS4 nunha recompilación
martes, 29 de maio do 2018
Hoxe sae á venda a recompilación SEGA Mega Drive Classicss
para Xbox
One e PlayStation
4, que recolle máis de 50 clásicos retro e que como incentivo para facerse
coa súa edición fÃsica inclúen un póster de dobre cara de Streets of Rage e Golden Axe.
O prezo oficial das distintas versións é de 29,99 euros, prezo ao que tamén
está dispoñible
en Steam a mesma recompilación dende hai bastantes anos (e que hoxe recibe
unha actualización con novidades como multixogador en liña para equipararse
ás versións de consola).
Os xogos de Mega Drive que se recollerÃan en SEGA Mega Drive Classics son Alex
Kidd in the Enchanted Castle, Alien Soldier, Alien Storm, Altered Beast, Beyond
Oasis, Bio-Hazard Battle, Bonanza Bros, Columns, Columns III: Revenge of
Columns, Comix Zone, Crack Down, Decap Attack, Dr. Robotnik’’s Mean Bean
Machine, Dynamite Headdy, ESWAT: City Under Siege, Fatal Labyrinth, Flicky,
Gain Ground, Galaxy Force II, Golden Axe, Golden Axe II, Golden Axe III,
Gunstar Heroes, Kid Chameleon, Landstalker, Light Crusader, Phantasy Star II,
Phantasy Star III: Generations of Doom, Phantasy Star IV: The End of the
Millenium, Ristar, Shadow Dancer: The Secret of Shinobi, Shining in the
Darkness, Shining Force, Shining Force II, Shinobi III: Return of the Ninja
Master, Sonic the Hedgehog, Sonic the Hedgehog 2, Sonic 3D Blast, Sonic
Spinball, Space Harrier II, Streets of Rage, Streets of Rage 2, Streets of Rage
3, Super Thunder Blade, Sword of Vermilion, The Revenge of Shinobi, ToeJam
& Earl, ToeJam & Earl in Panic on Funkotron, Vectorman, VectorMan 2,
Virtua Fighter 2, Wonder Boy III: Monster Lair e Wonder Boy in Monster World.
Temos asà unha impresionante colección de xogos de moi diversos xéneros, como beam’em up, plataformas, quebracabezas,
loita... cunha acción moi directa, de xeito que son todo un imprescindible para
os amantes do retro ou calquera que
busque diversión básica.
VÃdeo promocional da recompilación de xogos de Mega Drive