4 xogos de Wii incorpóranse á colección Nintendo Selects

venres, 13 de xuño do 2014 Marcus Fernández

Aínda que Nintendo estea a apostar claramente pola Wii U, non deixa abandonada a vella Wii, de aí que queira contentar aos seus usuarios ampliando a colección de xogos baixo o selo Nintendo Selects, que corresponde a clásicos modernos que reducen considerablemente o seu prezo (aproximadamente á metade) para facilitar a súa compra e que así os usuarios da Wii ou da Wii U (que tamén poden gozar dos xogos da anterior xeración) non perdan a oportunidade de gozar de grandes títulos como New Super Mario Bros. Wii, Super Mario Galaxy 2, Mario Party 9 e Wii Party, que ata o momento sumaran máis de 16 millóns de unidades vendidas en Europa, e que a partir de hoxe poderán mercarse por un prezo bastante axustado (no contorno dos 25 euros).

PUBLICIDADE