4 millóns de usuarios xogaron a Fortnite a través da nube de Xbox

mércores, 27 de xullo do 2022 Marcus Fernández

En maio Microsoft sorprendeu ofrecendo a posibilidade de empregar o servizo de Xbox Cloud Gaming para xogar de balde a Fortnite, o que resultaba especialmente atractivo para usuarios de dispositivos con iOS (que non teñen dispoñible o xogo na tenda de aplicacións de Apple), e Satya Nadella vén de confirmar o éxito desta iniciativa, xa que houbo máis de 4 millóns de xogadores que gozaron do xogo de Epic Games deste xeito, dos que máis dun millón eran novos no ecosistema de Xbox.
Nadella tamén anunciou que xa houbo máis de 10 millóns de xogadores que probasen o xogo na nube de Xbox e presumiu do feito de que a Xbox conseguiu liderar o mercado de consolas de nova xeración nos EE.UU. durante 3 trimestres seguidos, fito que había moito que non conseguían.

PUBLICIDADE