3M estrea o seu proxector de peto

mércores, 12 de novembro do 2008 Marcus Fernández

O fabricante 3M non só vive da comercialización de Post-It, senón que tamén é unha das empresas pioneiras na fabricación de picoproxectores de vídeo que van máis aló das feiras de electrónica e chegan ao mercado de consumo, e como exemplo diso temos o MPro100, que en só 2,2 x 11,5 x 5 centímetros e só 158 gramos completa un proxector con lámpada LED cunha vida de 10.000 horas, unha autonomía de entre 40 e 60 minutos, con entradas RCA e VGA e capaz de proxectar imaxes de entre 6 e 50 polgadas aceptando resolucións de entre 640 x 480 e 1.280 x 768 píxeles, destacando polo seu moderado prezo para un produto tan innovador, xa que é posible atopalo por menos de 350 dólares.
Este tipo de dispositivos son ideais para transportar xunto cun ordenador portátil para poder facer presentacións en case calquera lugar, aínda que o uso lúdico (reprodución multimedia ou presentación da imaxe dun videoxogo) dos mesmos tamén é unha atractiva opción.

PUBLICIDADE