35 anos do Macintosh
xoves, 24 de xaneiro do 2019
Tim Cook lembrou hoxe na
súa conta de Twitter que hai 35 anos foi cando os ordenadores Macintosh dixeron
ola ao mundo, ou sexa, que o 24 de xaneiro de 1984 foi cando Steve Jobs
presentou ao mundo o seu Macintosh, un ordenador que custaba 2.495 dólares (o que
hoxe serÃan uns 5.300 euros) sen a unidade externa de discos flexibles opcional, o que supuxo un importante salto
dende o anterior LISA (que custaba 9.995 dólares).
Falamos dunha máquina que funcionaba cun procesador Motorola 6800 a 8 MHz e 128
KB de RAM, que integraba unha pantalla en branco e negro de 9 polgadas cunha
resolución de só 512 x 342 pÃxeles baixo a que habÃa unha unidade de discos de
3,5 polgadas cunha capacidade de 400 KB. Este equipo vendÃase coas aplicacións
MacWrite e MacPaint, polo que para moitos usuarios xa era un ordenador apto para
traballar. Pouco despois contarÃa con aplicacións como MultiPlan, Microsoft
Word ou Lotus Jazz, aÃnda que a súa oferta de software sempre foi moi inferior
á dos PC. Por fortuna para a marca, en 1985 recibiu aplicacións como
MacPublisher ou Aldus PageMaker, ás que logo sumarÃanse FreeHand, QuakXPress,
Photoshop e Illustrator, consolidando a plataforma para o mundo do deseño e a edición,
facilitando que tivese un mercado profesional que contribuÃu seriamente a
consolidar a marca.
Este equipo chegara precedido por un histórico anuncio titulado 1984 que fora dirixido por Ridley Scott
e que pretendÃa presentar o Macintosh como a salvación para a humanidade do
conformismo do Gran Irmán da novela
de George Orwell.
VÃdeo da presentación do Macintosh