2 clásicos de Dreamcast chegarán como descargas para PS3 e Xbox 360 a primeiros de outubro
xoves, 22 de setembro do 2011
- Ulala bailará para derrotar a numerosos inimigos no Space Channel 5 Part 2
Os nostálxicos
dos grandes xogos clásicos de SEGA poderán gozar en breve dun par de xogos de
Dreamcast adaptados para a súa descarga dende Xbox 360 e PlayStation 3, pois
SEGA vén de anunciar que SEGA
Bass Fishing e Space Channel 5 Part 2
van incorporarse á PlayStation Network o vindeiro 4 de outubro por 7,99 euros
cada un e a Xbox LIVE Arcade o 5 de outubro por 800 puntos (9,6 euros).
Space Channel 5 Part 2 é unha xogo de
baile futurista e moi divertido, no que a estrambótica presentadora de
informativos Ulala deberá derrotar a numerosos inimigos cos seus movementos de
baile. A revisión para PlayStation 3 do xogo destaca por ser compatible con
PlayStation Move.
Pola súa banda, SEGA Bass Fishing é
todo un referente, por simular a experiencia da pesca na consola de videoxogos
e ser compatible no seu día cun accesorio para
Dreamcast con forma de cana de pescar, o que está considerado por moitos
como o precursor do mando da Wii (pola súa detección de movementos).
- Bass Fishing sorprendeu no seu día por contar cun accesorio que simulaba unha cana de pesca
- Space Channel 5 Part 2 é un dos poucos videoxogos nos que Michael Jackson facía acto de presenza