160 xogos para o iPhone dispoñibles na AppStore
venres, 11 de xullo do 2008- Super Monkey Ball é o xogo estrela do novo iPhone
Os xogos para
móbiles son un negocio que cada dÃa cobra máis forza, e permite a supervivencia
de pequenos estudos que en ningún caso poderÃan desenvolver superproducións
para consolas como a Xbox 360 ou a PlayStation 3, e un excelente exemplo da
importancia deste sector é que no dÃa do lanzamento do iPhone 3G e da estrea da
AppStore (tenda de aplicacións para o terminal) xa se poden adquirir 160
xogos para o móbil de Apple (dos que boa parte son de balde),
conformando un dos mellores catálogos de xogos para un teléfono móbil (deixando
totalmente en ridÃculo aos 11 xogos que se poden mercar para a plataforma
N-Gage de Nokia).
- A saga de xogos de Bomberman tamén se adapta ao iPhone
Na AppStore podemos atopar os xogos distribuÃdos en varias categorÃas:
Acción/Aventura, Cartas/Casino, Familiares/Nenos, Carreiras/Arcade e
Puzzle/Estratexia. Temos asà que non é unha plataforma na que predominen, polo
momento, ningún tipo de tÃtulos, en boa medida polas distintas interfaces que
pode empregar (xa que hai xogos para o iPhone que empregan teclados virtuais,
outros fan un uso intensivo da pantalla táctil e outros aproveitan os
acelerómetros do terminal), pero que nos sorprende polo alto nivel dos
primeiros tÃtulos dispoñibles, entre os que podemos destacar a Super Monkey Ball, Bomberman, o Solitario, Bubble Bash ou Moto Racer.
- Bubble Bash é o tÃtulo de Gameloft que replica o formato do popular Puzzle Bubble
Iso si, os xogos de máis calidade teñen prezos un tanto elevados para un móbil,
vendéndose a maiorÃa a entre 3,99 e 7,99 euros, prezo que tamén se poderÃa
considerar barato se a comparación a facemos con tÃtulos para a PSP ou a
Nintendo DS (destacando que boa parte dos tÃtulos para o iPhone superan
sobradamente en calidade aos xogos para a portátil de Nintendo). Precisamente
mirando á DS podemos comentar que un dos xogos que mellores vendas está a ter é
o Brain Challenge (a resposta de
Gameloft ao Brain Training),
funcionando tamén bastante ben xogos de acción coma o Super Monkey Ball (que practicamente se alzou coma icona dos xogos
para o iPhone) ou Cro-Mag Rally (divertido
xogo de carreiras), mentres parece que clásicos coma SEGA Columns Deluxe, Bomberman
Touch e Bejeweled 2 tamén
presentan unha boa saúde.
Queda ver se a longo prazo as vendas dos xogos para o iPhone se manteñen e o
móbil de Apple se converte nunha rendible plataforma portátil de xogos.