10 xogos de balde ao mercar unha PSPgo
mércores, 2 de xuño do 2010
Ante a mala
resposta do mercado ante a consola portátil de Sony sen unidade de disco (UMD)
decidiron lanzar unha promoción que comeza o vindeiro dÃa 9 e remata o 1 de
outubro que consiste en que as persoas que adquirisen ou adquiran unha PSPgo entre os meses de abril e
setembro poderán
descargar de balde 10 xogos da PlayStation Store: Assassin’s Creed: Bloodlines, Grand Theft Auto: Vice City Stories, Gran Turismo, James Cameron’s AVATAR, LittleBigPlanet,
MotorStorm Arctic Edge, Need for Speed SHIFT, Pursuit Force: Extreme Justice, 2010 FIFA World Cup South Africa e WpiEout Pure.